Los costos de envío se calcularán en base a esta dirección en todo el sitio.
Selecciona tu país
América
Argentina
Brasil
Canadá
Chile
Colombia
Costa Rica
Ecuador
El Salvador
Estados Unidos
México
Perú
República Dominicana
Uruguay
Europa
Alemania
Austria
Bélgica
Croacia
Dinamarca
Eslovaquia
Eslovenia
España
Finlandia
Francia
Grecia
Hungría
Irlanda
Italia
Letonia
Malta
Noruega
Países Bajos
Polonia
Portugal
Reino Unido
República Checa
Serbia
Suecia
Suiza
Resto del mundo


















A rolda nocturna (en Gallego)
Sarah Waters (Autor) · galaxia · Tapa Blanda
Última Unidad
$ 1.037Premio Novela Europea Casino de Santiago 2008 A novela desenvólvese no Londres da posguerra, logo de que a cidade sufrira os bombardeos dos avións alemáns, e conta os acontecementos e os sentimentos que van unir os destinos de catro mozas que intentan superar a memoria das privacións e os sufrimentos padecidos. Con ela, a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que Galaxia publica coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, chega ó seu número 19 e inclúe no seu catálogo unha das autoras máis premiadas entre as escritoras británicas das últimas xeracións. A novela de Sarah Waters pescuda nas raíces da vida de catro personaxes que, no Londres de 1947, sofren as consecuencias da guerra. A novela persegue o fantasma do pasado que obsesiona a Helen e que fai esmorecer a relación prohibida que mantén con Julia, unha autora de éxito a quen coñeceu durante a guerra. Indaga nas razóns polas que Kay, unha heroína dos bombardeos, vaga inconsolable polas rúas da cidade ou na historia de Viv, unha muller nova e engaioladora que non consegue abandonar o seu amante, antigo soldado casado e cabeza de familia. En A rolda nocturna, Sarah Waters destila pouco e pouco os acontecementos e os sentimentos para descubrir o segredo que agochan. Recúa no decurso das vidas dos seus personaxes ata chegar aos meses arrepiantes dos bombardeos alemáns sobre Londres. ¿Que é o que realmente une o destino da xente? A escritora consegue mergullar lectores e lectoras nun xogo de pistas palpitante, inzado de reviravoltas estrañas e complicidades inesperadas que as consecuencias da guerra non fan máis que agudizar.
¿Tienes una pregunta sobre el libro? Inicia sesión para poder agregar tu propia pregunta.

